domingo. 24.01.2021 |
El tiempo
domingo. 24.01.2021
El tiempo

Peludos Invisibles alerta da presenza de raticida na rúa Rafael Picó

El animal intoxicado tuvo que ser sacrificado en un centro veterinario
El animal intoxicado tuvo que ser sacrificado en un centro veterinario
O veleno, localizado o pasado martes nas inmediacións do parque do Espiñeiro, provocou a morte dun cachorro de gato

A presenza de restos de raticida na rúa Rafael Picó de Portonovo, concretamente nas inmediacións do parque do Espiñeiro, acendeu as alarmas na vila mariñeira. A Asociación Peludos Invisibles de Sanxenxo (APIS) foi a encargada de advertir desta situación o pasado martes, despois de que un gato, de apenas unhas semanas de vida, morrese envenado, ao inxerir este produto.

Tal e como explicaron os responsables do colectivo animalista a través da rede social Facebook, o raticida atopouse "moi preto do Espiñeiro e da vía pública", polo que se deu aviso á Policía Local de Sanxenxo, a fin de que os restos fosen retirados canto antes. Dáse a circunstancia de que nos últimos meses xa se viviron situacións similares na propia localidade veciña a Sanxenxo. Hai pouco máis dun ano, un can raza boxer perecía, tamén envelenado, tras inxerir residuos tóxicos en Baltar. O produto fora "disimulado" con comida. Outra situación moi parecida produciuse apenas dous meses antes no lugar da Vichona, aínda que, nese caso, a mascota afectada puido ser tratada a tempo e recuperouse por completo.

PERIGO. A directiva de Peludos Invisibles móstrase especialmente preocupada pola zona na que foron atopados os restos de raticida. E é que a moi poucos metros de alí atópase un dos parques infantís máis coñecidos da vila. Ademais, a afluencia de xente durante estes días é maior se cabe, con motivo da celebración das festas patronais de San Roque e a apertura dos postos da Feira Multisectorial, situados tamén na rúa Rafael Picou.

A asociación confía en que as autoridades locais consigan identificar ao responsable do envenamiento. Neste sentido, os seus responsables recordan que verter produtos tóxicos na vía pública pode carrexar multas que oscilan entre os 500 e os 5.000 euros, en función da gravidade dos actos. Ademais, os envelenamentos de animais tamén están tipificados como delitos penais, polo que os seus responsables exponse a penas de prisión que poden ir desde os tres meses ata o ano e medio.

No caso do gato envelenado nas inmediacións do parque do Espiñeiro, este formaba parte dunha colonia controlada polo Concello. A pesar de ser rapidamente trasladado a un centro veterinario, finalmente tivo que ser sacrificado.

Peludos Invisibles alerta da presenza de raticida na rúa Rafael Picó
comentarios