Pilar Falcón, nova presidenta dos xornalistas galegos en Madrid

Pilar Falcón (A Pastoriza, 1962) foi elixida hoxe presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid, unha asociación que reúne a preto de 150 profesionais acreditados na capital española.

Falcón traballa en Telemadrid, onde dirixiu durante anos o programa cultural "Toma nota" e é responsable da sección cultural do programa parlamentario da televisión autonómica madrileña. Doutora en Ciencias da Información e Diplomada en Mercadotecnia e Publicidade, Pilar Falcón traballou tamén en medios como Televisión de Galicia (TVG) e Onda Madrid.

É autora de libros como "O imperio rosa. Poder e influencia da prensa do corazón" e "Fraga e Galicia". Substitúe no posto de presidente do Club de Xornalistas Galegos a Manuel Méndez.

Comentarios