Aforro: Adeus ás catro tintas e ola a Isaac Sans

Poio crea a súa imaxe de marca e renova a súa identidade e sitio web

O Concello dará o salto á Administración electrónica e á Rede 2.0 tras este cambio
Xulio Barreiro y Lidia Salgueiro con la nueva marca, que no sustituirá al escudo tradicional en usos protocolarios
photo_camera Xulio Barreiro y Lidia Salgueiro con la nueva marca, que no sustituirá al escudo tradicional en usos protocolarios

O Concello de Poio destinou 12.000 euros aos traballos de ‘construción’ dunha imaxe de marca e de posta en marcha dunha identidade corporativa que rexerá os usos e criterios da mesma nas comunicacións municipais. O proxecto enmárcase dentro dun máis amplo, destinado a afianzar a presenza do Concello no mundo virtual, cunha nova páxina web, un redimensionamiento da súa presenza nas redes sociais e incluso a instalación de dotacións necesarias para contar cun soporte informático de calidade para este servizo, que suporá a entrada de Poio na Administración electrónica. 

"Destináronse uns 60.000 euros a toda a parte informática, que inclúe os traballos de deseño da web, pero tamén os de cableado, reinstalación eléctrica e implantación dun novo servidor", explicou o concelleiro Xulio Barreiro na presentación, este xoves. 

A edil Lida Salgueiro apuntou que "levamos máis dun ano a traballar no deseño da imaxe ou da marca e do manual de uso, e ata compramos unha tipografía para poder empregar a partir de agora en todas as comunicacións e unificar, entre outras cousas, este asunto. Isto permitiranos usar tamén o tipo de letra na nova web, algo para o que nos acollemos a unha axuda da Xunta que ascendeu a 800 euros". 

En canto á web, desde este venres pola mañá estará en marcha. O responsable da empresa que realizou o deseño explicou que o novo ‘site’ responderá a criterios de adaptación e usabilidad. Así, será unha web ‘responsive’ (poderase ver ben en portátiles, tabletas, teléfonos móbiles e outros dispositivos) e de fácil manexo. O usuario poderá decidir en dous ‘clik’ se prefire navegar pola parte administrativa (na que, nuns meses, poderanse descargar, encher e enviar formularios sinxelos) ou pola turística, que contén vídeos, visitas panorámicas e enlaces directos a mapas xa existentes e sistemas de navegación por coordenadas. 

Ademais, creáronse perfís oficiais de Facebook, Youtube e outras redes sociais e o Concello contará, a partir de agora, cun espazo institucional na Rede 2.0.

Comentarios