Buscan a dous presos que fuxiron cando comían co Papa en Bolonia

Os dous individuos realizaban un programa de reinserción pois son cosiderados "socialmente perigosos"

A Policía italiana busca a dous presos que participaron nunha comida que celebrou o Papa Francisco con pobres e necesitados durante a súa visita a Bolonia o 1 de outubro e que aproveitaron para fuxir, segundo medios locais.

O suceso ocorreu durante o xantar organizado na basílica de San Petronio, no que participaban pobres e reclusos, cando estes dous homes, napolitanos, afastáronse e escaparon do lugar.

Os dous suxeitos xa cumpriran as súas penas, pero seguían detidos e realizaban un programa de reinserción social, pois as autoridades italianas considerábanos "socialmente perigosos".

Comentarios