Ponte Caldelas aspira a renovar a licenza a máis de cen ambulantes

Cando faltan 10 días para o fin do prazo, o Concello recorda que hai lista de espera para ter sitio na Alameda
Una de las jornadas de feria en Ponte Caldelas
photo_camera Una de las jornadas de feria en Ponte Caldelas

O Concello pontecaldelano anima aos vendedores ambulantes con licenza municipal na feira deste municipio a "apurar os días que quedan antes do próximo 1 de decembro para presentar a solicitude formal de renovación do seu permiso". O Concello recorda que a renovación anual é unha condición para poder manter o posto e o prazo remata en pouco máis dunha semana, motivo polo que os postos poden quedar vacantes. Nese caso, sinalan "poderán adxudicarse ás persoas que están en listaxe de espera".

O Concello recorda que en Ponte Caldelas non se admiten cooperativas nin empresas pantalla e que cada posto se adxudica individualmente a unha persoa física. Os titulares deben acompañar os documentos de pago da taxa anual, os do alta como autónomos, a acreditación de estar inscrito na Seguridade Social, a do IAE, o seguro de responsabilidade civil e o carné de manipulador de alimentos.

A feira de Ponte Caldelas ampliouse en 2016 e cobre toda a Alameda e parte da zona da pasarela do Verdugo, así como a beirarrúa da Avenida de Vigo na súa entrada, praza de España, praza do Bispo, rúa Marín e rúa do Emigrante.

A última novidade neste evento foi a creación dunha gran bolsa de aparcadoiro na zona do Balneario, un operativo que, segundo o Goberno local, "está a dar moi bos resultados" á hora de facilitar as cousas aos visitantes.

Comentarios