Pontevedra arrinca a semana en alerta polo vento, as ondas e a choiva

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Unha nova borrasca atlántica, chamada Karine, levou a activar alertas para este luns en Galicia polo vento, a choiva, a ondada e a neve, atendendo á predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

No caso de Pontevedra, o aviso afecta durante toda á costa, por ondas que poden chegar aos seis metros. Nas primeiras horas tamén hai alerta en terra, por refachos de vento de ata 120 quilómetros por hora e choivas, ante a previsión de que se poden acumular 50 litros por metro cadrado en doce horas.

A alerta na costa afecta a toda a comunidade e mantense para toda a xornada, igual que a de neve e vento nas montañas de Lugo e Ourense. Atendendo ás previsións de Meteogalicia, a cota de neve estará ao redor dos 1.000 metros pola mañá e baixará a 800 pola tarde.

Espérase que Karine e a súa fronte asociada, moi activa, atravese rapidamente toda a Península este luns. Así, entrará por Galicia e irase estendendo cara ao leste de España, deixando ao seu paso ceos nubrados ou cubertos e precipitacións xeralizadas, con tormentas ocasionais. 

En canto ás temperaturas, as mínimas non experimentarán cambios significativos, mientres que as máximas terán un lixeiro descenso. En Pontevedra moveranse entre os 10 e os 14 graos.