Pontevedra homenaxea aos medallistas de 2017

O Concello rende tributo a Antía Jácome, Carolina García, Óscar Graña, Águeda Cons e Javier Gómez Noya
Águeda Cons, Óscar Graña, Javier Gómez Noya, Anxos Riveiro, Miguel Anxo Fernández Lores y Tino Fernández
photo_camera Águeda Cons, Óscar Graña, Javier Gómez Noya, Anxos Riveiro, Miguel Anxo Fernández Lores y Tino Fernández

Unha vez máis, o Concello de Pontevedra quixo mostrar o seu gran orgullo polos deportistas pontevedreses e os seus magníficos resultados. O Pazo de Mugartegui foi este martes o escenario perfecto para homenaxear a todos os deportistas pontevedreses que, este ano, conseguiron colgarse algunha medalla nun Campionato do Mundo.

Antía Jácome, Carolina García, Óscar Graña (piragüismo), Águeda Cons (natación) e Javier Gómez Noya (tríatlon) foron os deportistas mundialistas homenaxeados durante a tarde deste martes.

Ademais, o ambiente foi o típico dunha gran festa xa que cada un dos mundialista estaban acompañados polos seus amigos e familiares nunha tarde para recordar.

No acto, tamén estiveron presentes o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro e os representantes políticos do resto de partidos da cidade pontevedresa. Tampouco quixeron faltar ao evento o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e o da de Tríatlon, Óscar José Suris.


Máis información na edición impresa de Diario de Pontevedra deste mércores

Comentarios