Pontevedra, a provincia pioneira en instaurar a cita previa na SEPE

Pontevedra será, a partir do 1 de decembro, a primeira provincia galega en implantar o sistema de cita previa nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), informou unha nota da Subdelegación do Goberno.

A través deste sistema informático daranse citas para atender as demandas de cobro das prestacións e susbsidios por desemprego, á parte da realización doutro tipo de xestións.

Na provincia de Pontevedra hai 17 oficinas do SEPE, polas que pasan máis de 21.500 persoas.

A partir do próximo mes, antes de achegarse ás súas instalacións, os usuarios deberán encher a solicitude de cita previa na web "www.sepe.es" ou chamar ao teléfono 901 01 02 10.

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra asegura que a cita se concertará para un prazo máximo de tres días desde a súa xestión. A dirección web está operativa desde o luns.

Comentarios