Pontevedra sae a bailar á rúa

Distintos momentos do festival ao longo do día. guille lópez
photo_camera Distintos momentos do festival ao longo do día. guille lópez

Espectáculos, obradoiros e exposicións serviron para festexar onte en Pontevedra o Día Mundial da Danza. O Centro Coreográfico Galego foi o encargado de pechar este festival de rúa, bautizado Ponte en Danza, no que participaron 19 escolas.

inundar Pontevedra de baile era o obxectivo do festival que se celebrou onte na cidade para conmemorar o Día Internacional da Danza. Así o dixo alomenos a organización da programación de Ponte en Danza, que onte ocupou ao longo de todo o día con espectáculos, obradoiros, exposicións e outras actividades varias prazas do centro histórico.

«Queremos inundar Pontevedra de danza creando un movimiento que afecte a toda la ciudad, involucrando a los pontevedreses y a todos los curiosos que se acerquen a ver los espectáculos», sinalaban os responsables da proposta, na que estiveron involucrados ata 19 escolas e colectivos de Galicia, incluído o Centro Coreográfico Galego. Conseguírono: en cada unha das montaxes do minifestival congregouse un bo número de espectadores.

As actividades comezaron pola mañá na avenida Montero Ríos, onde se impartiron dous talleres: un de danza contemporánea e outro de hip hop.

Pola tarde tiveron lugar tres espectáculos, todos a pé de rúa: o primeiro na mesma avenida Montero Ríos; o segundo na Praza de Santa María, e o terceiro e último, que foi o que correu a cargo do Centro Coreográfico Galego, na Praza da Ferrería.

Ademais, Ponte en Danza incluíu dúas propostas a maiores relacionadas coa fotografía. Por un lado, promoveuse un obradoiro dirixido a fotógrafos afeccionados para que retratasen ao longo de todo o día o que ía pasando pola cidade. Por outro, celebrouse unha exposición de instantáneas de Julián Calvo sobre danza na Alameda (entre as árbores e o palco da música).

«Bailar al aire libre es mágico. Cuanta más gente hay mirando, más completo es el momento», dixo, o día da presentación de Ponte en Danza, a coreógrafa e bailarina catalana Roser Garriga, que estivo acompañada pola concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, e as bailarinas Déborah Alfaya, Amélie Trotet e Verónica Aboy, de tres das 19 escolas e colectivos que participaron na iniciativa.

«No queremos que solo se unan nuestros alumnos. Aunque una persona no haya hecho nada de danza en su vida, puede unirse», destacou Amélie Trotet.

A Facultade de Belas Artes tamén participou en Ponte en Danza, segundo se dixo, con actividades relacionadas co obradoiro de fotografía e tamén con propostas de debuxo rápido que se desenvolveron durante todo o día.

«O baile é a mellor forma de liberarse de todo, especialmente do estrés. Tamén fai que se evite o sedentarismo», sinalou pola súa banda Anxos Riveiro.

Comentarios