jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Pontevedra vístese de época para a nova película de De la Torre e Tosar

A rodaxe de 'La sombra de la ley', ambientada nos anos 20, estenderase varios días na Boa Vila

A Alameda de Pontevedra trasladouse este xoves aos anos 20 para converterse no escenario da última película do director monfortino Dani de la Torre, La sombra de la ley, que protagoniza o actor galego Luís Tosar. 

O novo traballo do director de El desconocido, aclamado filme que tamén protagonizou o intérprete lucense, continúa a súa rodaxe por terras galegas. Tras pasar por Santiago ou Lugo, agora aterra cos seus coches e decorados de época na Boa Vila. Michelle Jenner, Vicente Romero, Ernesto Alterio, Paco Tous e Manolo Solo completan a repartición desta película de gángsters ambientada nos anos 20.

En Pontevedra a rodaxe estenderase durante varios días. Ademais de en Montero Ríos, tamén se gravarán escenas no Pazo de Lourizán.

Pontevedra vístese de época para a nova película de De la Torre e...
comentarios
ç