Pontevedra supera a media galega de casos de tuberculoses

Luis Anibarro. j. cervera-mercadillo
photo_camera Luis Anibarro. j. cervera-mercadillo

PONTEVEDRA. A tuberculose, descuberta en 1882 por Robert Koch, é a enfermidade infecciosa que produce máis mortes no mundo (máis dun millón e medio de persoas en 2010), en cifras parellas ás do VIH. A Organización Mundial da Saúde (OMS) celebra hoxe o día mundial desta doenza centrándose nos nenos.

Aínda que a poboación ignora moitos aspectos sobre a tuberculose e tende a crer que case desapareceu, segundo os últimos datos que manexa o Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), en 2010 na área sanitaria de Pontevedra rexistráronse 94 casos dos 784 que houbo a nivel galego. Isto supón unha incidencia de 30,5 casos por cada 100.000 habitantes, superior á que se contabiliza no total da Comunidade Autónoma: 28 casos por cada 100.000 habitantes.

Aínda que o número de casos diminuíu na área do CHOP en 20 respecto ao ano anterior, os responsables da Unidade de Tuberculose de Pontevedra (UTB) aconsellan non relaxarse e seguir investindo no diagnóstico precoz e tratamento desta enfermidade, especialmente porque se dá o caso de que Galicia, logo de Ceuta, é o lugar de España onde se dan maiores taxas de contaxio, segundo datos do Centro Nacional de Epidemiología.

«O que ocorre é que o patrón de mortalidade vai asociado á pobreza, mentres que na Europa occidental é unha taxa moi baixa, o que provoca que á industria farmacéutica non lle interese investigar», explica Luís Anibarro, doutor da UTB de Pontevedra.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios