Os partidos anuncian que suspenden a campaña tras a traxedia

Todas as formacións e líderes transmiten as súas condolencias ás familias e trasladan ánimos e esperanza aos feridos

Tanto Alberto Núñez Feijóo como, polo PSdeG, Pilar Cancela, anunciaron minutos despois de que se dese a coñecer o descarrilamento do Porriño que acordaban suspender a campaña. De igual xeito reaccionaban En Marea e BNG, sumándose na palabra de condolencia e ánimo. Ademais, líderes políticos de todas as formacións apresuráronse a transmitir as súas condolencias ás familias das vítimas mortais e trasladar forza e esperanza aos feridos.

Comentarios