Propoñen a Ónega como Fillo Adoptivo de León

O pleno da Deputación aprobou este luns por unanimidade iniciar o expediente para o nomeamento

O pleno da Deputación de León aprobou este luns por unanimidade iniciar o expediente para o nomeamento de Fillo Adoptivo da Provincia do xornalista galego Fernando Ónega.

Con este nomeamento preténdese recoñecer os seus "valiosos merecementos en prol de valores naturais, sociais e culturais que contribúen ao mellor coñecemento da provincia de León e redundan na potenciación do turismo cultural, artístico e gastronómico da mesma, particularmente relevante coa proclamación de León como Capital Gastronómica de España en 2018".

Nacido en Mosteiro en 1947, Ónega ten unha dilatada carreira profesional como xornalista e a súa firma pasou polos diarios Arriba, Pueblo, Ya, Cinco Días ou El Mundo. Actualmente, é articulista de La Voz de Galicia e La Vanguardia.

Foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez e dirixiu o equipo do SER que retransmitiu o golpe de estado do 23F.

Dirixiu os servizos informativos do SER e da COPE e foi en dúas ocasións director xeneral de Onda Cero.

Tamén traballou nas axencias informativas Pyresa, OTR Press ou Fax Press.

Comentarios