domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

Raxó organiza a primeira verbena o sábado no peirao en honra aos turistas

POIO. A asociación de veciños da parroquia de Raxó ha decido organizar para este fin de semana unha verbena que nunca antes se fixo, unha festa en honra ao turista. Segundo explica o presidente da asociación, Cándido Da Silva, a verbena prentende recordar ás persoas e familias que atoparon en Raxó un lugar para descansar e desconectar da tensión de todo o ano. Ademais, os veciños prentenden comezar unha nova tradición na parroquia e celebrar esta festa todos os veráns. "Ya tenemos una amplia lista de sugerencias de actividades para el año que viene", sinala Da Silva.

A festa empezará o sábado ás 21.00 horas no peirao de Raxó, cunha homenaxe a unha familia que leva moitos anos veraneando na parroquia. Trátase dos González, quen levan acudindo a Raxó desde 1945. Varias xeracións veranean na parroquia desde entón.

A verbena contará coa actuación do grupo 'Trío Lembranza' e do dúo 'Azabache' despois da homenaxe. O domingo, á mesma hora e lugar, actuarán as bandas 'Soprano' e 'Calibre'.

O presidente da asociación de veciños recorda que cando era un neno vía chegar o autobus de Ourense con toda a familia.

Os establecementos hostaleiros tamén toman parte nas celebracións e decorarán as súas terrazas para que estean acorde coas cores festivas deste fin de semana.

Raxó organiza a primeira verbena o sábado no peirao en honra aos...
comentarios
ç