miércoles. 22.09.2021 |
El tiempo
miércoles. 22.09.2021
El tiempo

A fórmula Higuaín resolve un partido inxusto

madrid_athletic_dentro.jpg
madrid_athletic_dentro.jpg

O arxentino Gonzalo Higuaín, que asinou unha gran actuación e anotou por partida dobre, liderou o triunfo do Real Madrid ante o Athletic de Bilbao (3-2), que situou aos de Bernd Schuster en postos de Liga de Campións e aos vascos na zona de descenso.

O partido entre dous históricos do balompé español enfrontaba a un Madrid con certas dúbidas tras a súa derrota en Turín ante o Juventus (2-1), na Champions; e ao Athletic, con preocupacións deportivas máis serias -en zona perigosa tras encaixar tres derrotas consecutivas- e convulsións extradeportivas internas.

A pesar de que os de Bilbao tomaron a iniciativa e controlaron nos primeiros compases o centro de campo, mercé a Yeste e Orbaiz, coas incursións pola esquerda de Balenziaga, en só doce minutos, os asubíos tornaron en aclamacións cando o '10' local aproveitou un servizo de Heinze para abrir, de zurdazo, a lata que contiña un partido que foi todo menos aburrido.

De enganos e fusilamentos
O Madrid non encandeaba, pero volveu demostrar que, nun momento de inspiración, con tres toques pode situar o partido no lugar desexado. Desa forma, unha gran acción entre Sneijder e Van der Vaart completouse coa eficiente colaboración de Raúl, que, nun hábil movemento, deixou pasar o balón, enganou á defensa norteña e habilitou a Higuaín, que, só, fusilou o segundo.

No segundo tempo, o Madrid saíu en tromba e en apenas dous minutos os arxentinos Higuaín e Heinze estrelaron senllos disparos na cruceta do portal vasco. Pero Gago serviu un balón de ouro que Higuaín transformou no 3-2. O Athletic saíu sen puntos do Bernabeu e sitúase nos postos de descenso, zona na que, polo mostrado, non merece estar.

Vilarreal 4 - Atlético 4: Un partido tolo
O Vilarreal e o Atlético de Madrid asinaron un espectacular encontro, no que pasou case de todo: remontadas épicas, bo fútbol, erros infantís e sobre todo emoción por milleiros ata o final dun choque que acabou cun empate a catro goles.

Do 0-2 co que acabou a primeira parte, pasouse na segunda a un 4-2 en apenas vinte minutos e cando o partido parecía sentenciado, o Atlético, en inferioridade numérica durante case unha hora pola 'autoexpulsión' do arxentino Ever Banega, logrou igualar de xeito sorpresivo nos instantes finais.

Recreativo 1 - Valencia 1: Rabuñar un punto ao líder

O Recreativo de Huelva levou un valioso punto ante o líder da liga española, o Valencia, co que pode maquillar a súa mala situación clasificatoria -antepenúltimo- e nun choque no que ambos os rivais xogaron a medio gas no primeiro tempo e exhibiron bo fútbol no segundo.

Desde o inicio do choque, o conxunto onubense cedeulle o mando do partido ao Valencia e este xogou con moita comodidade, aínda que lle custaba xerar perigo ante un Recreativo que se concentrou só en defenderse. Ata o final da primeira metade ningún dos dous equipos xerou perigo.

No segundo tempo o partido tivo unha cara totalmente distinta. Aos noventa segundos desta metade o Recreativo sorprendeu aos visitantes e adiantouse no marcador con Javi Camuñas que aproveitou unha acción individual de Javi Guerreiro. O Valencia soubo reaccionar. No minuto 61 puxo a igualada no marcador cun disparo de Villa, tras un centro de Joaquín.

A fórmula Higuaín resolve un partido inxusto
comentarios
ç