Reactivada a procura dos tripulantes do 'Paquito II'

Os labores de rastrexo para tratar de localizar aos tripulantes do barco "Paquito II" renováronse hoxe nas inmediacións do faro de Corrubedo, na costa coruñesa, informaron a Efe fontes de Salvamento Marítimo.

A procura dos tripulantes do bateeiro que naufragou en augas próximas á costa coruñesa de Ribeira foi suspendida durante dous días.

Os tripulantes do helicóptero de Salvamento Marítimo Helimer II iniciaron esta mañá a procura dos tripulantes, e serán relevados durante a xornada por helicópteros da Xunta e da Garda Civil, sinalaron as citadas fontes.

A patrulleira Salvamar do servizo de Salvamento Marítimo trata de avistar na zona indicios da tripulación, mentres que axentes doutros organismos céntranse na inspección de praias e de zonas costeiras próximas.

O Paquito II, de dezaoito metros de eslora e con porto base en Cabo de Cruz, no municipio coruñés de Boiro, desapareceu cando se atopaban a bordo o patrón Germán Fernández, de 52 anos; Santiago Blanco, de 47 anos, e Juan Antonio Hermo, de 38.

O corpo sen vida do patrón foi localizado a catro millas ao norte da illa de Sálvora.

O barco permanece afundido a uns 36 metros de profundidade nas inmediacións do faro de Corrubedo.

Comentarios