A 'reestrea' en Barro do mercadiño congrega a numerosos compradores

A primeira xornada da feira, tras asumir o Concello a súa xestión, transcorreu con absoluta normalidade
La feria municipal cuenta con más de 90 puestos, cifra que podría ampliarse en el futuro
photo_camera La feria municipal cuenta con más de 90 puestos, cifra que podría ampliarse en el futuro

O mercadiño de Barro iniciou este domingo unha nova etapa da mellor forma posible. Centenares de persoas acudiron reestrea da feira ambulante, na que foi a súa primeira xornada desde que o Concello apostou pola súa xestión directa, despois de que expirase o contrato coa anterior empresa responsable deste servizo, vinculada aos morones.

Aínda que a apertura dos máis de 90 postos instalados na zona non se abriron ao público ata pasadas as 16.30 horas, a actividade comezou a ser frenética desde moito antes. E é que os comerciantes, a metade dos cales acudían por primeira vez a este mercadiño, tiveron que ocupar os espazos marcados polos responsables do Goberno local, algúns dos cales estiveron presentes para supervisar a actividade. Entre eles, atopábanse o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes; o tenente de alcalde, Xosé Sanmartín, e a responsable local de Desenvolvemento Económico, Lía Rodríguez, así como varios axentes da Garda Civil de Pontevedra, cuxa intervención non foi necesaria, xa que, tal e como destacaron os dirixentes municipais, a actividade transcorreu con absoluta tranquilidade.

Máis da metade dos 90 postos habilitados pertencen a comerciantes que xa participaran en anos anteriores na feira de Barro. O Concello calcula que se ingresarán uns 15.000 euros trimestrais a través da nova xestión.

Comentarios