Renfe vende máis de 25.000 billetes a 25 euros en tres cuartos de hora

Tratábase dunha promoción no 25 aniversario da Ave que a compañía lanzou a medianoite

Renfe vendeu esta madrugada 25.427 billetes promocionais a 25 euros nun tempo de 45 minutos, dentro da sétima quenda da súa campaña #25AniversarioAve, coa que a compañía quere celebrar o 25 Aniversario da Ave cos seus clientes.

Segundo informou a compañía ferroviaria nunha nota de prensa, os billetes puxéronse á venda ás 00.00 horas deste mércores e esgotáronse aos 45 minutos.

Durante o tempo en que durou a promoción superáronse os catro millóns de consultas de viaxe na páxina web de Renfe .

A promoción serve para viaxar en todos os trens de Alta Velocidade-Longa Distancia entre o 26 de outubro e o 11 de decembro próximos.

Unha vez completada a venda promocional, ás 00:45 horas deste mércores a web de Renfe volveu a mostrar os prezos habituais.

Nese momento Renfe recordou aos seus clientes, a través da súa web, que a pesar de estar esgotada esta promoción puntual, mantén os billetes Promo, cos que a compañía ofrece descontos de ata o 70% sobre a Tarifa Flexible, segundo sinala no seu comunicado.

Comentarios