Rescatado un bañista de 53 anos tras sufrir un infarto na praia de Samil

O home está ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro e está estabilizado

Un home de 53 anos, natural de Navarra, foi rescatado na auga da praia de Samil, en Vigo, tras sufrir un infarto sobre as 12.40 horas deste martes.

Segundo informou a Policía Local, o home foi rescatado por unha embarcación de Protección Civil logo de sufrir unha parada cardíaca.

Tras iso procedeuse a realizarlle unha reanimación cardiopulmonar (RCP), que proseguiu na ambulancia do 061 que o trasladou. O home atópase ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro e está estabilizado, segundo informan as mesmas fontes.

Comentarios