Rías Baixas prevé aumentar un 12% a súa vendima este ano ata preto de 38 mil toneladas de uva

O consello regulador cualifica o ciclo vitícola deste ano como "excelente, con ausencia de pragas e enfermidades" e informa de que é posible que a vendima se teña que iniciar antes"

A Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas prevé unha colleita para este 2017 de 37,6 millóns de uvas, o que supón un incremento do 12% respecto das cifras de 2016 (33,4 millóns de uvas).

O Servizo Técnico ha presentado no pleno do Consello Regulador da Denominación Rías Baixas o informe de Estimación de cosecha 2017 no que se cualifica o ciclo vitícola deste ano como "excelente, con ausencia de pragas e enfermidades". Neste documento recóllese que as boas condicións climáticas de xuño provocaron un "alto ritmo de crecemento vexetativo", o que sumado á "excelente" saúde dos viñedos fai prever un incremento da colleita, que producirá ao redor de 24 millóns de litros de viño. Isto tras unha primavera "moi seca e cálida, cunha anomalía positiva na temperatura media de 1,8 graos".

E é que a DO de Rías Baixas non se viu afectada polas xeadas que esnaquizaron a finais de abril viñedos noutras denominacións, fóra das subzonas de Ribeira do Ulla e Condado do Tea.

Ademais, o consello regulador informa de que en función da meteoroloxía deste mes de agosto, e como consecuencia do adianto do ciclo vexetativo da vide, ultímanse os preparativos "ante a posibilidade de que a vendima se teña que iniciar antes".

O Informe de Estimación de Colleita 2017 conta fundamentalmente coa información proporcionada polos técnicos de campo das adegas, cuxas observacións e datos achegados nas enquisas "sométense a unha análise detallada e a un procesamiento estatístico". Pondéranse en función da superficie supervisada por cada técnico para contar, deste xeito, con criterios unificados, explica o consello regulador.

Comentarios