Rosp Corunna, o grupo da sempre discreta Sandra Ortega, pechou o pasado exercicio cun beneficio de 89,6 millóns de euros, algo menos que en 2015 (105 millóns), debido ao esforzo investidor que realizou a sociedade. Desde que recibise a herdanza da súa nai, Rosalía Mera, a tamén filla do fundador de Inditex, Amancio Ortega, impulsou o seu propio imperio inmobiliario con activos en Hollywood, Os Ánxeles, Stuttgart, Nova York, Miami, Vigo, Madrid... Deste xeito, a través da sociedade anteriormente citada controla un imperio de ladrillo valorado en 540 millóns.
A exitosa Rosp Corunna xestiona 19 compañías inmobiliarias e unha ampla carteira de investimentos que inclúe participacións na hostaleira Room Mate (30%), a produtora Milou Films (25%), Inusual Comunicación Innovadora (45%), Inditex (5%) ou Pharma Mar (5%).