Salvamento retoma a procura dos tres desaparecidos esta semana

Salvamento Marítimo e Emerxencias da Xunta renovaron a procura de tres persoas caídas ao mar nos últimos días en Galicia, nunha semana na que houbo unha cuarta vítima, a doutro pescador que pereceu ao caer ao mar na illa de Ons e cuxo corpo se recuperou o pasado 19 de abril.

Na desaparición do pescador deportivo que caeu ao mar preto dos cantís máis espectaculares da comunidade, os de Cabo Ortegal, en Cariño, traballan na procura a Salvamar Shaula e a gardacostas Concepción Areal, con persoal de Protección Civil deste municipio e do concello próximo de Mañón.

Na área de Corcubión e Fisterra dous helicópteros relevaranse na procura do único tripulante da embarcación Fly, de fibra de vidro e de 6,5 metros de eslora que desapareceu durante a madrugada anterior a esta última.

Nesta zona atópanse o Don Inda, a Salvamar Regulus e a Salvamar Altair, segundo fontes de Salvamento Marítimo que confirmaron tamén a presenza da embarcación da Xunta Paio Gómez Chariño para buscar o desaparecido dado que a súa embarcación foi localizada á expectativa unhas dúas horas despois de que se coñecese o accidente, ao redor da 1,12 da madrugada de onte.

Salvamento Marítimo tamén prevé que o avión de recoñecemento Rosalía de Castro pase hoxe varias veces pola zona na que desapareceu hai xa tres días o tripulante dun mercante grego cando navegaba a algo máis de 70 millas da costa galega.

O pasado mércores Salvamento Marítimo recuperou o corpo sen vida dun home que caeu á auga na illa de Ons, foi a Salvamar Sargadelos a que traslado o corpo do pecador a Bueu, nunha semana na que a costa galega cobrouse catro mortos no mar.

Comentarios