San Bieito, Memorial Ricardo Portela e música de banda para a primeira semana de Festas

Dende mañá Pontevedra estará inmersa nas festas do verán, que levarán á cidade do Lérez encadenando festa a festa, e celebración á celebración, ata a Feira Franca prevista no primeiro fin de semana de setembro.

A Romaría de San Bieito está considerado o arranque das actividades de verán, cuxa programación xa está na rúa (40.000 exemplares). O programa de man pode collerse no edificio do Concello (Michelena, 30), tamén nas dependencias da Concellería de Festas no edificio municipal da rúa Churruchaos ou nas oficinas de Turismo da cidade.

A festividade do San Bieito comeza ás 10.30 horas coa saída dos grupos de música tradicional dende o Concello ata os salóns do Lérez, con Os Alegres. Ás 11.30 horas comezará á romería popular na praia fluvial. Ás 11.45 horas actuará os Gaiteiros das Rías Baixas e ás 12.00 horas terá lugar a mexilloada popular tamén na praia fluvial do Lérez (1.000 de kilos de mexillón).

A festa continuará á 13.30 horas co concerto da Banda de Música de Pontevedra no adro do Mosteiro de San Bieito. Ás 17.00 horas está prevista a actuación de Aturuxo Pequeno tamén na beira do Lérez, e ás 22.00 horas verbena no adro do Mosteiro a cargo da Orquestra Bahía.

Para garantir a mellor mobilidade no entorno do mosterio de Lérez e no ámbito da praia fluvial, prohibirase o estacionamento en Leandro del Río Carnota, permitindo o dobre sentido nesta rúa de acceso ao mosterio. As estradas aledañas serán de sentido único. No ámbito da avenida de Bos Aires, cortarase un carril de circulación dende Monte Porreiro até o centro da cidade. Pero permitirase a circulación dende a cidade cara o barrio. Ademais, estará prohibido o estacionamento na cercanía da praia fluvial, onde se autorizará aparcar ás emerxencias a ás persoas con mobilidade reducida.

A programación de Festas continúa con dous días de homenaxe a Xan de Campañó no XIV Memorial Ricardo Portela. O venres, 12 de xullo, abrirá na Ferraría a XI Mostra de artesáns de instrumentos tradicionais. Será de 17.00 a 21.30 horas. Ás 19.30 horas haberá un pasarrúas a cargo de Os de Algures e ás 21.00 horas a actuación de Os Melidaos, na Ferraría.

O sábado terá lugar o evento central do certame coa homenaxe a Xan de Campañó na praza da Ferraría, na que se tocará a gaita do artista, cedida pola familia para este propósito. A actuación correrá a cargo de Pablo Carpintero. O Memorial culminará ás 21.15h. coa actuación de Zurrumalla na Ferraría.

Completa a programación deste primeira semana de festas a actuación da Banda de Música de Pontevedra na praza do Teucro a partir das 21.00 horas. O concerto leva por título 'Música para bailar', un monográfico de Naohiro Iwai.

Comentarios