San Xoán, San Salvador e Combarro xa dispoñen de nova fibra óptica

A actuación, xestionada pola tenente de alcalde, Chelo Besada, ofrecerá unha velocidade de conexión que oscilará entre os dez e os 300 megas en varios lugares das tres parroquias
El barrio de A Caeira, en la parroquia de San Salvador, es uno de los lugares que ya disfruta del servicio mejorado
photo_camera El barrio de A Caeira, en la parroquia de San Salvador, es uno de los lugares que ya disfruta del servicio mejorado

O Concello de Poio conseguiu dar resposta a unha das grandes demandas de veciños, comerciantes e profesionais da hostalería de boa parte do municipio, que en máis dunha ocasión expresaron a súa preocupación polos problemas de conexión a Internet que padecían, especialmente no rural. Logo de varios meses de negociacións, finalmente a empresa Movistar potenciará o servizo nas parroquias de San Salvador, San Xoán e Combarro. Ademais, a Administración local confía en que esta mellora tamén se poida aplicar en Samieira e Raxó de cara ao próximo ano.

A tenente de alcalde, Chelo Besada, confirmou este vierens que, grazas á instalación de fibra óptica, a velocidade de conexión oscilará entre os 10 e os 300 megas en lugares como A Caeira, Boavista, A Barca, Andurique, A Porteliña, A Puntada, Lourido, Campelo, A Seara e Combarro (a excepción do centro histórico). A líder municipal do PSedG-PSOE confirmou que o servizo "xa está operativo" e expresou a súa satisfacción por solucionar un problema "que xa foi motivo de queixa en varias ocasións por parte dos veciños. Somos conscientes de que é un servizo moi importante".

A pretensión de potenciar a conexión a Internet unha vella pretensión do Goberno municipal. Así o recorda Besada, que sinala que "hai xa varios anos que comezamos a falar con diferentes empresas".

MENOS CUSTOS. Ata agora, un dos principais problemas cos que se atopaba o Concello á hora de negociar coas firmas especializadas neste ámbito era o elevado custo que supuñan este tipo de actuacións. A este respecto, a tenente de alcalde de Poio puntualizou que "antes do uso da fibra óptica era necesario instalar as liñas baixo terra, polo que tamén era necesario abrir as zanxas e reparar o pavimento. En cambio, agora todo vai polo cableado aéreo, polo que os custes non son tan altos".

Chelo Besada mostrouse especialmente contenta de que esta actuación sirva para potenciar o servizo en zonas rurais, xa que "non funcionaba ben. Había conexión a Internet, pero tiña moi pouca potencia. Agora, o servizo mínimo é de dez megas".

A Administración municipal volverá manter conversacións con Movistar para que amplíe a fibra óptica ata Raxó e Samieira en 2017.

Comentarios