martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

Santiago instala bolardos nos accesos ao Obradoiro

O Concello de Santiago de Compostela realizou a instalación de bolardos na rúa de San Francisco, pola que se accede directamente á praza do Obradoiro, co que se incrementa a seguridade na zona ao limitar a circulación e a velocidade dos vehículos autorizados, pero descartou que se vaia a restrinxir completamente o tráfico na zona.

Este martes procedeuse á instalación de bolardos, como unha medida de seguridade que xa estaba incluída nos remanentes dos orzamentos aprobados en pleno e que fora demandada tamén polo Sindicato Unificado de Policía por mor dos atentados de Cataluña. Con todo, situáronse en liña no centro da vía, o que permite a circulación en dúas direccións aos vehículos que estean autorizados.

O concelleiro de medio ambiente e convivencia do Concello de Santiago, Xan Duro, explicou en declaracións aos medios de comunicación que a "medida está a funcionar ben e non está a haber ningún problema".  Preguntado sobre o mantemento da vía aberta a vehículos autorizados ou de urxencia, puntualizou que se trata de algo "primordial", incidindo en que "unha cousa é a seguridade e outra o autosuicidio".

"Evidentemente, ten que haber espazo para a circulación nese espazo", que tamén dá acceso ao Hostal dos Reis Católicos, ao que tamén chegan ocasionalmente autobuses turísticos. Iso si, remarcou que a partir de agora "non poderán entrar a velocidade, senón que entran moi lentos, que é o obxectivo destas medidas".

Finalmente, concluíu que a peonalización da rúa Xoan XXIII, situada tamén nos accesos ao centro histórico, en medidas de mobilidade e non de seguridade.

Santiago de Compostela mantén presencial policial en determinados puntos de acceso ao centro histórico e non se descarta a colocación de medidas físicas, aínda que, por prudencia, explicouse que non se avanzará a súa localización.

Santiago instala bolardos nos accesos ao Obradoiro
comentarios