domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

Confírmase o descenso administrativo do Ourense a terceira división

Confírmanse os descensos administrativos do Ourense, que baixará de Sebunda B a terceira, á vez que o Noja e o Laudio caerán directamente a categoría rexional. Nos tres casos as causas responden a non pagar as débedas que os clubs tiñan cos seus xogadores.

"Alcanzado o prazo establecido no Regulamento Xeral da RFEF, constatouse, de acordo coa información recibida por parte da Comisión Mixta AFE - RFEF para Segunda División B, que os clubs Ourense SAD, Club Deportivo Laudio e Sociedade Deportiva Noja, que na tempada 2013/2014 participaron en Segunda División "B", non se atopan á corrente de pago das cantidades denunciadas polos futbolistas dos seus equipos principais e recoñecidas pola mencionada Comisión Mixta", explica a AFE nun comunicado.

O Ourense, que esta campaña se proclamou campión da Copa Federación, non puido facerse cargo dos 160.118 euros que tiña que abonar aos seus xogadores para que estes retirasen as denuncias que presentaran a través do sindicato AFE.

"De acordo cos artigos 192 e concordantes do Regulamento Xeral da RFEF", prosegue, "o equipo principal do Ourense non poderá participar en Segunda División "B" a tempada 2014/2015, podendo facelo na categoría inmediatamente inferior".

Os equipos principais de Sociedade Deportiva Noja e Club Deportivo Laudio, "que perderon a categoría deportivamente", vivirán un dobre descenso ao non poder "participar en Terceira División a tempada 2014/2015", si poderán facelo na categoría inmediatamente inferior".

Confírmase o descenso administrativo do Ourense a terceira división
comentarios
ç