Dáse á fuga tras chocar contra un vehículo estacionado e un colector en Sanxenxo

O aparatoso accidente, que se saldou sen feridos, produciuse na parroquia de Dorrón

A parroquia de Dorrón rexistrou ás 22.00 horas deste martes un aparatoso accidente no que non se produciron feridos pero que sobresaltou a numerosos veciños e condutores. Un automóbil, cuxas características foron facilitadas polas testemuñas á Policía Local de Sanxenxo, circulaba pola PO-308 en dirección a Pontevedra cando, nun tramo recto á altura de Areas e por causas que se descoñecen, impactou contra un turismo que estaba estacionado e un colector de lixo anexo. 

O condutor, lonxe de deterse e a pesar dos importantes danos que presentaba o seu vehículo, renovou a marcha en dirección a Pontevedra, dándose á fuga.

O turismo aparcado, coa inercia do impacto, levou por diante o peche dunha vivenda próxima, ocasionando diversos danos na estrutura.


Máis información na edición impresa de Diario de Pontevedra deste martes

Comentarios