Sete feridos permanecen aínda en hospitais de Vigo tras o accidente de tren

Segundo comunicou a Consellería de Sanidade, tres dos feridos están no hospital Álvaro Cunqueiro e os outros catro en Povisa

Sete do total de case medio centenar de feridos no descarrilamento dun tren rexistrado o venres pasado na localidade do Porriño, no que morreron catro persoas, permanecen aínda en hospitais de Vigo, informou a Xunta.

Segundo comunicou a Consellería de Sanidade, tres dos feridos están no hospital Álvaro Cunqueiro e os outros catro en Povisa.

Outros corenta e dous pasaxeiros que tiveron feridas de diversa consideración saíron xa dos centros médicos nos que recibiron asistencia.

Segundo o reconto da Xunta, entre os feridos figuraban 27 españois, 8 estadounidenses, 3 portugueses, 3 alemáns, 2 brasileiros, 2 uruguaios, 2 arxentinos, 1 chileno e 1 filipino.

Comentarios