VÍDEO. O polémico lanzamento que Simeone achaca a un recollepelotas

O adestrador do Atlético de Madrid defende ao árbitro, Mateu Lahoz, ao considerar que "tomou a decisión correcta" pero que o protagonista do suceso foi un recollepelotas do equipo

O arxentino Diego Simeone, adestrador do Atlético de Madrid, afirmou este sábado que o árbitro Mateu Lahoz "tomou a decisión correcta que marca a sanción cando sae a pelota dos arredores do banco", en referencia á súa expulsión ao final do primeiro tempo, e apuntou que foi "o mozo que estaba á beira" do banco o que lanzou o balón cara ao campo.

Nunha das últimas accións do primeiro tempo, cando o Málaga saía ao contragolpe pola banda próxima ao banco do Atlético, unha pelota lanzada desde esa zona interrompeu o ataque do conxunto andaluz. Mateu Lahoz, despois, expulsou a Simeone por este feito, unha vez finalizada a primeira parte do encontro.


"Está claro que o árbitro tomou a decisión correcta que marca a sanción cando sae a pelota dos arredores do banco de suplentes e actuou como había que actuar, botar ao adestrador. E non hai moito máis para comentar", explicou o técnico en rolda de prensa.

Simeone engadiu que a pelota foi lanzada polo "mozo de á beira" do banco (un recollepelotas) do Atlético, pero "iso non quita nada". "As imaxes vano a mostrar. Viuse claro", agregou o adestrador do Atlético, que se expón, segundo o regulamento, a unha sanción de tres partidos de suspensión por este feito.

Mateu Lahoz, na redacción da acta, secunda en parte o punto de vista de Simeone, ao que non culpa en ningún momento do lanzamento pero basea a súa expulsión en que o balón salío do banco do Atlético, e non dun recollepelotas como defende o arxentino.

Comentarios