Sinaí Giménez asegura que o móbil da débeda é ''falso''

Sinaí Giménez, fillo do Rei dos Xitanos, Olegario Giménez, alias Morón, que onte sufriu un intento de asalto no seu domicilio en Tomiño (Pontevedra) por parte dun axente da garda civil destinado en Boiro (A Coruña) e dun axente forestal, negou o móbil do cobro dunha débeda apuntado pola investigación.

"O de que o móbil podería ser unha débeda é totalmente falso", recalcou Sinaí Giménez en declaracións aos medios no cuartel da Benemérita en Tui, onde veñen prestando declaración esta mañá familiares e membros do equipo de seguridade do patriarca xitano en Galicia.

"O meu pai non os coñecía de nada. Nunca tivera relación con eles", abundou o portavoz da Sociedade Xitana de Galicia, que se presentará como acusación particular contra os detidos, e engadiu que estes forman "unha banda organizada" que se dedica a extorsionar "e roubar" a persoas con certo poder económico.

Apuntou tamén que hai tres anos, o axente forestal detido onte intentou asaltar a casa do Rei dos Xitanos xunto a outras tres persoas, e entón tamén foron repelidos.

Sinaí Giménez referiuse ao suceso de onte como "un intento de asasinato" por canto "só fixo falta que apertase o gatillo" un dos asaltantes, quen ameazou de morte ao Rei dos Xitanos se non lle daba "non se canto diñeiro", pero non lle deu tempo porque un dos membros de seguridade apuñalouno.

"Puido haber unha traxedia porque puido morrer o Rei dos Xitanos, así como os dous detidos", agregou o portavoz da comunidade en Galicia, quen mediou, xunto á súa nai, para evitar que "mallasen e matasen a golpes" aos asaltantes, unha vez foran desarmados.

Comentarios