Operación Vida. Pídenlle penas que suman 21 anos

Sinaí Giménez contrata ao avogado de Conde, Villar, os Ruiz Mateos, Lendoiro e dous implicados en Gürtel

O exfiscal da Audiencia Nacional Ignacio Peláez foi quen presentou a denuncia que defenestrou a Baltasar Garzón e será o cuarto defensor do 'Príncipe dos xitanos' no xuízo que comezará o 28 de setembro
Ignacio Peláez, durante una reciente entrevista en Madrid
photo_camera Ignacio Peláez, durante una reciente entrevista en Madrid

"Un litigador tan astuto como polémico". Así definían hai semanas algúns avogados ao ex fiscal da Audiencia Nacional Ignacio Peláez, polémico onde os haxa e protagonista na sombra dalgúns dos casos máis mediáticos do país. 

O día 28 sentará nos xulgados de Vigo para defender ao Príncipe dos xitanos, o xefe do clan dos Morones: Sinaí Giménez. Está acusado de liderar unha rede de extorsión a vendedores ambulantes, entre outros delitos que sempre negou.

Desde que hai un ano caese o clan dos Morones, a familia do Rei dos xitanos coleccionou unha longa lista de famosos avogados defensores. O mediático (e carísimo) Marcos García Montes ocupouse de Sinaí e dos seus irmáns Juan Paulo, Saúl e Mariño. Pero renunciou aos poucos meses. Beatriz Seijo, muller do juz Vázquez Taín, asistiu a Juan Paulo durante algún tempo antes de ceder a testemuña ao despacho madrileño que dirixe Adolgo Prego de Oliver, ex maxistrado do Supremo.

Tamén Cándido Conde-Pumpido, fillo do exfiscal xeral do Estado, levou a Mariño Giménez. E o último letrado de Sinaí foi o non menos popular José Luis Gutiérrez Aranguren, asistente de Rosario Porto durante o jucio pola morte de Asunta Basterra.

A quenda agora chégalle a Ignacio Peláez, ex fiscal da Audiencia Nacional coñecido por conseguir defenestrar ao entón xuíz estrela Baltasar Garzón cunha denuncia compartida con Miguel Ángel Durán, expresidente da Once. Desde o pasado mes de xuño asiste ao maior dos irmáns Giménez, pero non é novo en Galicia. Peláez xa se ocupou da denuncia que o empresario famacéutico José Dorribo presentou contra o exministro socialista de Fomento José Blanco, defendeu a Lendoiro cando foi acusado de danar as contas do Deportivo, e tamén levou os asuntos de Ángel María Villar.

Na súa dilatada traxectoria figuran Mario Conde e algúns dos fillos do falecido José María Ruíz Mateos, do mesmo xeito que da cabeza visible de Ausbank, Luis Pineda.

Tamén tratou asuntos relacionados con dous implicados na trama Gürtel: o empresario inmobiliario José Luis Ulibarri e o que fose xefe de gabinete da Consellería de Turismo da Generalitat Valenciana Rafael Betoret, condenado polo caso dos traxes. No ano 2006, Peláez chegou a estar imputado en relación a unha falsa carta que serviu a Alberto Cortina e Alberto Alcocer, os Albertos, para querellarse contra exsocios nos solares das Torres KIO. Deste espiñento asunto resultou absolto.

Comentarios