Só 65 galegos acóllense á nova convocatoria de axudas da UE para reducir a produción láctea

Son só un 0,75% dos 8.709 gandeiros que realizaron entregas en agosto en Galicia

Un total de 65 gandeiros galegos acolléronse á segunda convocatoria de axudas da UE para a redución da produción láctea, nunha cantidade de 783.244 quilos.
Esta cifra de solicitudes publicada esta semana supón 717 menos que os 782 gandeiros (eran cerca do 9% do total) que accederon a estas subvencións a finais de setembro. Entón foron 10.481.342 quilos. Entre as dúas convocatorias van 847 produtores na comunidade.

Neste segundo período presentaron solicitude para as axudas 127 gandeiros en toda España. Con Galicia á cabeza, seguida de Asturias (18) e Castela e León (14). Esta cifra de 65 gandeiros só supón un 0,75% dos 8.709 gandeiros que segundo as últimas cifras oficiais do Ministerio de Agricultura, do mes de agosto, realizaron entregas en Galicia.

No seu momento, a conselleira de Medio Rural en funcións, Ángeles Vázquez, xa defendeu que reducir a produción láctea "non é o camiño que hai que seguir" en Galicia, senón débese apostar por "transformar, buscar novos mercados e produtos".

Comentarios