Sufocan un incendio que afectou a un silo nunha nave en Lalín

Ás 20.25 horas de onte rexistrouse un incendio no silo dunha nave abandonada en Lalín. ás 21.24 horas, os bombeiros confirmaron que o lume estaba controlado e que afectaba o silo.

Por outra banda, os Bombeiros de Baixo Miño sufocaron un incendio que queimou un alpendre situado xunto a unha casa en Tomiño. Segundo os datos facilitados polo 112, ás 3.04 horas de hoxe un particular avisou de que o alpendre afectado polo lume estaba situado xunto a unha casa en Barrantes, no lugar de Cristelos, en Tomiño.

No interior había leña, diversos aveños e maquinaria, que arderon, pero os animais que estaban no lugar non resultaron afectados.

Comentarios