Soutomaior volve un ano máis a renderse á camelia

Máis de 4.000 persoas visitaron durante o pasado fin de semana o Castelo para contemplar as 60 exposicións que tomaron parte na vixésima sexta edición do tradicional certame

Un ano logo de celebrar as súas vodas de prata, o Certame e Exposición da Camelia segue gozando dunha excelente saúde. Así o demostran os máis de 4.000 asistentes que ao longo do pasado fin de semana achegáronse ao Castelo de Soutomaior para gozar das máis de 60 mostras que tomaron parte nesta vixésima sexta edición. Como xa é habitual, o evento pechouse coa entrega de premios, que contou coa participación da deputada Eva Vilaverde e a concelleira de Cultura, Dolores Cernadas, así como representantes da Sociedade Española da Cameila e a fundadora do certame, Manuela Gradín.

Na categoría de Mellor Flor, o primeiro premio foi para María Vitoria Martínez, mentres que a composición máis valorada foi a realizada pola Asociación de Veciños de Romariz. O mellor traballo escolar foi o dos alumnos de 1º e 2º ciclo do Colexio Santiago Apóstolo. Con respecto á categoría de escaparates, triunfou o de Boutique Infantil, por diante das propostas de Barbería Irene e Conxelados Iceberg. Manuela Garndín recibiu un premio honorífico polo seu labor. Todos os participantes levaron un obsequio conmemorativo.

Comentarios