Suecia pecha a causa de violación contra Assange

A policía británica asegurou que o deterá se abandona a embaixada de Ecuador en Londres
El fundador de Wikileaks, Julian Assange, en una imagen de archivo
photo_camera El fundador de Wikileaks, Julian Assange, en una imagen de archivo

A Fiscalía sueca confirmou o peche da investigación contra o fundador de WikiLeaks, Julian Assange, por un suposto delito de violación. O motivo son as dificultades para facer avanzar o caso e extraditar a Suecia ao xornalista, refuxiado desde 2012 na Embaixada de Ecuador en Londres.

Ao recibir o asilo político, Assange puido evitar todos os intentos das autoridades suecas e británicas de executar a orde de arresto europea ditada contra el en 2010, explicou a fiscal Marianne Ny, que considera que a extradición non pode facerse efectiva. Tamén aclarou que a investigación preliminar podería ser reaberta se o xornalista australiano volve a Suecia antes de 2020, cando prescribe o delito.

EEUU admitiu que podería presentar cargos contra o fundador de WikiLeaks polos seus reveleaciones sobre o goberno de Trump

A xuíza sostivo que tras o interrogatorio realizado en novembro na embaixada a Assange polo fiscal ecuatoriano Wilson Toainga, cun cuestionario redactado por Estocolmo e grazas a un acordo xurídico entre Suecia e Ecuador, esgotáronse todas as posibilidades. "Para seguir co caso, a Julian Assange deberíaselle notificar formalmente as sospeitas criminais contra el. Non podemos esperar recibir axuda de Ecuador con respecto a isto, por iso péchase a investigación", afirmou Ny.

ACORDO. Os dous países asinaron en decembro de 2015 un acordo de asistencia legal en materia penal para facilitar o cumprimento de dilixencias xudiciais e poder interrogar así ao xornalista, aínda que todas as medidas requiren a colaboración voluntaria de Assange.

"É lamentable que non poidamos levar a investigación como queriamos. As circunstancias foron difíciles para os afectados. Usamos todos os medios, pero debemos aceptar que hoxe estamos aquí", dixo Ny, apuntando a que a principal causa do atraso é que Assange non quixo viaxar a Suecia.

Comentarios