Tres restaurantes organizan a XXI Festa da Richada e da Croca de Forcarei

Os propietarios de tres restaurantes do centro urbano de Forcarei son os únicos organizadores, sen maior resplado económico que o seu propio, da vixésimoprimeira edición da Festa da Richada, á que, desde o ano pasado, engadíuselle outra vianda, a croca. Ante a falta de recursos económicos do Concello, o Goberno local -no marco do Plan de Axuste que tivo que realizar en 2011- desvinculouse do festexo. De feito, a supresión do apoio financeiro ás festas foi unha das primeiras medidas que adoptou o Executivo de Belén Cachafeiro. Iso motivou que o evento máis relevante do municipio, a Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes, caese do calendario.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios