Ulises Bértolo presentou esta semana a súa candidatura para presentarse ás eleccións do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, que se celebrarán o próximo 22 de decembro, cunha lista composta por catro membros.
?Consulta aquí a entrevista que lle fixo este medio a Ulises Bértolo
Entre as prioridades do programa que presenta o equipo encabezado polo letrado madrileño constan o fomento do uso e adaptación ás novas tecnoloxías no sector, unha xestión baseada na vida asociativa entre os colexiados que ten como obxectivo unha optimización de recursos,así como outorgar maior relevancia a estes na toma de decisións.
Bértolo, que foi presidente do Club Naútico de San Vicente do Mar durante sete anos, tamén promete conxelar as cotas para os próximos exercicios, favorecer a quenda de oficio e limitar a dous o máximo de lexislaturas que un decano poida estar ao mando no Colexio.
Para o cumprimento do seu programa, o candidato formou equipo cos avogados Sonia Míguez, Bárbara Román e Javier Chantres.