Un avión procedente de Madrid aterra de urxencia no aeroporto de Coruña por un posible infarto

Tomou terra sen novidade e na plataforma estaba a esperar unha ambulancia

Un voo de Air Europa entre Madrid e A Coruña tivo que realizar este xoves unha aterraxe de urxencia por un posible infarto dun pasaxeiro.
Así  informa o propio aeroporto e os controladores aéreos na súa páxina de Twitter. En concreto, a incidencia médica produciuse no voo de Air Europa que sae de Madrid ás 14.15 horas.

Este voo tiña prevista a súa chegada sobre as 15.30 horas ao aeroporto de Alvedro, aínda que a aterraxe produciuse dez minutos antes do horario previsto, segundo recolle na súa páxina web Aena. A aterraxe produciuse sen novidade e na plataforma estaba a esperar unha ambulancia. 

Comentarios