Un boleto premiado dos Euromillóns deixa máis de 800.000 euros en Bergondo

A combinación gañadora foi validada no despacho número 29.105 da localidade coruñesa

O sorteo dos Euromillóns celebrado este martes, 10 de outubro, deixou máis de 800.000 euros na localidade coruñesa de Bergondo, cun acertante de segunda categoría.

A combinación gañadora do sorteo estivo formada polos números 4, 21, 34, 36 e 37. As estrelas foron o 6 e 3. A recadación do sorteo ascendeu a 42.628.275,8 euros. Non hai boletos acertantes de primeira categoría (cinco acertos máis dúas estrelas), polo que no próximo sorteo dos Euromillóns un único acertante poderá gañar 31 millóns de euros. 

En España un boleto acertante de segunda categoría (cinco acertos máis unha estrela) que foi validado no despacho receptor número 29.105 de Bergondo e recibirá un premio de 841.908,45 euros. 

Pola súa banda, o acertante de terceira categoría (cinco acertos) validado no despacho receptor número 33.285 de Xirona recibirá 49.022,52 euros. 

Comentarios