Un ciclista ferido tras sufrir unha caída en Trabada

O accidente rexistrouse á altura da casa número 13, no lugar da Rabexa

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a un ciclista que resultou ferido en Trabada tras sufrir unha caída cando circulaba á altura da casa número 13, no lugar da Rabexa.

Nada máis recibir a alerta do particular, o 112 Galicia solicitou a intervención dos servizos sanitarios. Tamén, os axentes de Tráfico, Bombeiros de Barreiros, GES da Pontenova e os efectivos de Protección Civil de Trabada foron informados o suceso polo persoal do 112 Galicia. 

Comentarios