Un desprendemento nun viario de Poio deixa un coche atrapado nun garaxe

POIO. As abundantes choivas caídas cos últimos temporais causaron o pasado fin de semana un desprendemento de terreo na Primeira Travesía Encoirados, na parroquia de San Salvador de Poio.

O firme do camiño abriuse ao longo dun tramo de 48 metros, aproximadamente, e esborrallouse sobre as leiras lindeiras, situadas nunha cota inferior.

Como consecuencia, a superficie do viario viuse considerablemente reducida e nin sequera quedou espazo suficiente para que poida pasar un vehículo.

Ese é o problema co que se atoparon os propietarios da vivenda situada na zona do desprendemento. Desde que este produciuse, non puideron sacar o seu automóbil do garaxe porque non teñen por onde saír.

«Hacia la PO-308 no podemos pasar con el coche porque no cabe y hacia el otro lado no hay salida, ya que por ahí la pista desemboca en el monte.Desde el la madrugada del domingo, que es cuando tuvo lugar el desprendimiento, lo tenemos atrapado en el garaje», indicou o afectado.

A situación prexudica aos donos desta casa e a outra vivenda situada a escasos metros.

O propietario da primeira acudiu hoxe ao Concello para solicitar unha reparación urxente do viario.

«El poste de la luz también corre bastante riesgo de caída. La casa no sufrió daños porque está bien pilotada, pero la pista no está nada bien y hay que repararla cuanto antes», dixo.

Comentarios