Un detido en Portas e outro identificado por varios delitos de roubo de material de equitación

A Garda Civil tamén incautou 99 pezas deportivas falsificadas no mercadiño de Moraña, cuxo valor supera os 7.000 euros
Ropa incautada en Moraña
photo_camera Ropa incautada en Moraña

Un operativo organizdo por axentes da Benemérita de Vilagarcía e de Caldas de Reis serviu para deter a un veciño de Portas, cuxas iniciais son M. A. P. A., así como para identificar a outro residente na mesma, vila, R. M. M, como supostos autores dos delitos de receptación e roubo de material de equitación, respectivamente.

Ao primeiro deles acúsaselle de posuír material de equitación de procedencia ilícita, mentres que, ao segundo, o cal se atopa actualmente en prisión cumprindo unha condena por feitos similares, atribúeselle un roubo con forza producido no interior dunha leira particular en Portas.

Os feitos remóntanse ao pasado ao mes de maio de 2015, cando, presuntamente, R. M. M., tras saltar o muro perimetral e fracturar o cadeado do portal dunha parcela privada, subtraeu 300 litros de gasoil dun camión, unha bicicleta e unha cadeira de montar, marca Don Rodrigo, con cabezada, pechopetral e salvacruces, valorado todo iso en 1500 euros aproximadamente. A Garda Civil conseguiu localizar e, posteriormente, recuperar parte do material subtraído, tras pescudar que a cadeira marca e os demais aparellos de equitación que foran subtraídos, atopábanse nunha leira particular de Meis e que a mesma se atopaba en poder de M. A. P. A.

MORAÑA. Doutra banda, o Instituto Armado tamén localizou 99 pezas deportivas, presuntamente falsificadas, cando se atopaban dispostas para a venda ao público no mercadiño ambulante da localidade de Moraña. A incautación destes artigos realizouse o pasado xoves, durante a celebración da feira. Todas as pezas estaban etiquetadas coas marcas de acreditadas firmas comerciais e dispostas para a venda.

Os responsables da investigación calculan que o valor total de todas estas pezas (59 camisetas e 40 pantalóns) ascenden a máis de 7.000 euros.

Comentarios