Un aceso masivo de velas en homenaxe aos falecidos na traxedia

Hostalería de Compostela programou para hoxe ás 19:00 horas, coincidindo co funeral oficial polas vítimas do accidente ferroviario ocorrido o pasado mércores e no que faleceron 79 persoas, un aceso masivo de velas a modo de homenaxe.

Esta organización solicita, a través dun comunicado, que os veciños da capital galega, os propietarios de negocios e todo aquel que así o desexe sómense a esta proposta e, con iso, evidencien o "compromiso dun pobo que desexa axudar" e que está á beira dos afectados por esta traxedia.

Unha vela ao final do Camiño que nos sirva para recordar que hai luz ao final do túnel
é o chamamento que fan os promotores.

Comentarios