Un ferido ao envorcar un tractor en Meaño

O accidente produciuse na estrada que vai a Dena, no lugar de Paradela

Un accidente de tractor deixa unha persoa ferida en Meaño. O vehículo envorcou na estrada que vai a Dena, no lugar de Paradela, parroquia de Lores. 

Unha persoa particular alertou dos feitos ao 112 Galicias ás 17.00 horas deste sábado. A central de urxencias deu o aviso ao 061, aos Bombeiros do Salnés, ao GES de Sanxenxo e á Garda Civil de Tráfico. 

Segundo informou o 112, inicialmente pensábase que a vítima quedase atrapada, pero finalmente non houbo que practicar ningunha excarceración.



Comentarios