O Concello reitera que é competencia da Xunta

Veciños de Caldas limpan o río Umia e pide medidas contra o seu abandono

O concelleiro de IdeCR Fernando Pérez subliña que con esta acción "demostramos que se se quere, pódese"
Una veintena de voluntarios participaron en los trabajos realizados este sábado en el cauce
photo_camera Una veintena de voluntarios participaron en los trabajos realizados este sábado en el cauce

Unha cadeira de plástico e unha chapa de grandes dimensións, usada como cuberta dun tellado, foron retirados este sábado do Umia por un grupo de voluntarios de Caldas de Reis que responderon o chamamento de IdeCR para limpar a canle nas inmediacións da ponte. Fixeron falta cinco colectores para recoller todo aquilo que os promotores desta iniciativa consideran elementos impropios dun río. Foi necesario utilizar dunha rozadora para realizar o labor, na que participaron 20 persoas de idades comprendidas entre 18 e 60 anos. 

Ademais de facer unha limpeza, esta acción serviu para comprobar que dúas especies invasoras crecen na canle do Umia, co consecuente perigo que supón a súa presenza para a vexetación autóctona de ribeira. A iniciativa enmárcase na campaña organizada por Adega, denominada ‘Móllate polosríos’, que se celebra durante este fin de semana. O grupo IdeCR, que se encargou de realizala en Caldas de Reis, limpou en tres ocasións a canle do Bermaña, indicou o seu portavoz, o concelleiro Fernando Pérez. 

O edil cualificou de "lamentable" o estado do Umia no seu tramo urbano. "é unha vergoña", agregou, e subliñou que, despois de que os voluntarios realizasen unha actividade que cualificou de "simbólica", aínda "queda moito por facer para que a súa situación sexa o ideal". 

Pérez argumentou que ademais de limpar o río, a finalidade desta iniciativa foi facer unha chamada de atención ás institucións que teñen competencias no seu mantemento para que asuman as súas responsabilidades "e deixen de pasarse a pelota entre elas", dixo en referencia ao Concello de Caldas de Reis e á Xunta de Galicia. "Nós demostramos que se se quere, pódese", afirmou o concelleiro.

Comentarios