viernes. 26.02.2021 |
El tiempo
viernes. 26.02.2021
El tiempo

Extinguido o incendio que obrigou a cortar a A-52 dúas horas en Cualedro

Incendio en Cualedro que obligó a cortar la A-52
Incendio en Cualedro que obligó a cortar la A-52
O lume, ao parecer provocado de forma fortuíta pola vertedura dun camión, queimou 17 hectáreas

Un incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Cualedro, na zona de Rebordondo, obrigou a cortar este mércores a autovía A-52, concretamente do punto quilométrico 173 ao 178, en Trasmirás, durante máis de dúas horas. 

Medio Rural deuno por extinguido este xoves ás 2.15 horas, despois de que arrasase 17 hectáreas –16,5 de monte raso e media de arboledo–. O lume iniciouse ás 18.04 horas.

Este lume provocou o segundo peche en agosto da Autovía das Rías Baixas por un incendio na provincia de Ourense. O outro ocorreu en Verín o 4 de agosto. Na extinción do incendio participaron oito helicópteros, catro avións, 11 motobombas, 11 axentes, 19 brigadas e dúas pas.

As primeiras hipóteses apuntan a que o incendio foi fortuíto, debido a unha vertedura derramada na cuneta por un camión.

Extinguido o incendio que obrigou a cortar a A-52 dúas horas en...
comentarios
ç