sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

Un lobo mata a un becerro a escasos metros de vivendas en Lalín

Imagen del estado en el que quedó el animal tras ser atacado
Imagen del estado en el que quedó el animal tras ser atacado
O suceso ocorreu de madrugada en Bermés, na gandería de Carlos Quintela, que durante este ano xa sufriu cinco ataques similares

Os profesionais da gandería teñen cada vez máis dificultades para manter á boia os seus negocios debido, en gran parte, á crise económica. Por se isto fose pouco, en Bermés levan tempo vendo como o seu gando se reduce por culpa dos ataques dos lobos ás súas reses. Carlos Quintela é un deles. Na madrugada do martes, preto das 1.30 horas, contemplou como un lobo mataba a un becerro da súa cabana. Con este xa son cinco os animais que perdeu deste xeito no que vai de ano. "Esta vez ocorreu a 100 metros das casas. Sentimos ruídos e saímos fóra. O animal asustouse pero xa matara ao becerro", confirmou Quintela.

O lalinense non cre que se trate dun só lobo e pensa que o problema é maior: "Non é un, polo menos han de ser tres porque as vacas que teño defenden moi ben as súas crías. Non é normal que un só puidese facer isto". Carlos Quintela lamenta que as administracións non tomen cartas no asunto, "sentes impotencia porque non podes facer nada. Protestamos xa na Consellería de Medio Rural, falamos coa conselleira e incluso chegamos a recoller máis de 3.000 sinaturas, pero non se fai nada".

PÉRDIDAS DE 5.000 EUROS. O impacto económico dos ataques como os que sufriu durante este ano este gandeiro lalinense é elevado. "Como mínimo perdemos 5.000 euros, xa que o prezo no mercado dos becerros dedicados a cebo é de 1.000 euros", asegura Quintela. No seu caso, ademais, repercute negativamente noutro negocior, xa que rexenta un restaurante que fornece coa carne das súas reses.

Bermés é unha localidade especialmente castigada polos lobos: "Na zona xa hai cinco gandeiros afectados. Os animais saben que aquí hai comida e por iso non se desprazan para buscala. Pode ser normal que che maten unha vaca, pero non cinco como é o meu caso", afirma Carlos Quintela.

Ademais da perda económica directa pola morte do animal, os ataques de lobos tamén repercuten negativamente no resto da cabana: "Os animais están revoltos, algunhas vacas abortan e outras poden rexeitar ás súas crías. Xa non sabes o que podes facer", asegura o dezán.

Un lobo mata a un becerro a escasos metros de vivendas en Lalín
comentarios