Un Madrid sen Cristiano ante un Atlético con Griezmann

Iker Casillas é o porteiro elixido polo italiano Carlo Ancelotti para o once no partido de volta da Supercopa de España entre o Real Madrid e o Atlético de Madrid, no que o portugueses Cristiano Ronaldo e Pepe comezan no banco madridista e no que o equipo branquivermello inclúe dous cambios respecto da ida: Antoine Griezmann e Tiago Mendes.

O posto na aliñación inicial de Cristiano Ronaldo, que o martes sufriu unha sobrecarga, ocuparao o colombiano James Rodríguez, que xogará na parte ofensiva do equipo branco xunto ao francés Karim Benzema e o galés Gareth Bale.

O medio campo será para Xabi Alonso, Luka Modric e Toni Kroos, o mesmo que aliñou o italiano Carlo Ancelotti no choque do pasado martes, mentres que o técnico tamén inclúe cambios na defensa, con Raphael Varane por Pepe no centro da zaga e Fabio Coentrao por Marcelo no lateral esquerdo.

Sergio Ramos, no centro da defensa con Varane, e Dani Carvajal, no lateral dereito, completan o once do Real Madrid para o encontro desta noite, do que quedaron fóra da convocatoria Ángel Di María, Sami Khedira, Nacho Fernández e o lesionado Jesé.

No Atlético, o arxentino Diego Simeone inclúe dúas novidades no equipo titular: o francés Antoine Griezmann e o portugués Tiago Mendes. O primeiro, que xa xogou a última media hora no Santiago Bernabéu, entra en lugar de Sául Ñíguez, mentres que o segundo volve ao equipo inicial por Mario Suárez.

O porteiro Miguel Ángel Moyá, os defensas Juanfran Torres, Joao Miranda, Diego Godín e Guilherme Siqueira, os centrocampistas Raúl García, Gabi Fernández e Koke Resurrección e o dianteiro Mario Mandzukic repiten no once respecto ao choque do pasado martes.

Comentarios