Un neno de 6 anos mata accidentalmente un home en Bulgaria

O menor colleu a pistola do seu tío, que levaba legalmente

Un neno de seis anos matou accidentalmente cunha pistola un home durante unha festa na localidade de Vinogradets, no centro de Bulgaria, informou a emisora Nova TV.


Segundo fontes do Ministerio búlgaro do Interior, a traxedia tivo lugar pouco antes da pasada medianoite, cando os asistentes á festa beberan abundante alcol.

Un deles -tío do neno- sacou unha pistola, que posuía e levaba legalmente, para mostrala aos demais e colocouna sobre unha mesa. A arma de lume empezou a pasar de man en man ata acabar nas do menor, quen disparou.

A bala alcanzou ao propietario do restaurante, que faleceu inmediatamente.

O neno está agora baixo tratamento psicolóxico, mentres que o seu tío foi detido pola policía. 

Comentarios