Un operario dunha canteira falece ao caerlle encima unha pedra en Vilaboa

Un home faleceu esta tarde nun accidente laboral rexistrado no municipio pontevedrés de Vilaboa tras caerlle encima unha pedra. Como consecuencia do forte impacto, o traballador dunha canteira morreu no acto, segundo informaron desde o 112.

O suceso ocorreu no lugar de Acuña, nas proximidades da casa consistorial, sobre as 17.45 horas. Uns dez minutos máis tarde, o 061 confirmou o falecemento do home.

Con todo, en ningún momento estivo atrapado, polo que non foi necesaria a intervención de medios de excarceración. Desde o servizo de urxencias mobilizaron ao momento a efectivos de Protección Civil e a axentes da Garda Civil, para esclarecer as causas do accidente.

Comentarios